2023@itrekkers.org

Os 100 do Barbanza

Percorrendo os sete concellos da comarca
A primeira proba de 100 km en Galicia

Días Horas Minutos Segundos

INSCRÍBETE AQUÍ

QUEN SOMOS?

O Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS) é un club de montañismo integrado por afeccionados ás bisbarras de Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e do Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto). do Son). O club foi fundado en 2013 para poder organizar e xestionar a primeira carreira de ultrafondo de Galicia (100 km en 24 horas).

O ITBS está formado por corredores de fondo con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo moi habitual a súa presenza en andainas de 50 quilómetros en Galicia e norte de Portugal. Son habituais da Copa Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo

O EVENTO

INFORMACIÓN


dispositivo

TRACKS


Tracks

DÍA DA PROBA


Ver Mapa

OS 100 DO BARBANZA 2023

Os 100 dos International Trekkers é a primeira proba de Ultrafondo de Galicia e das máis importantes no calendario nacional de ultradistancia. O 24 e 25 de xuño de 2023 celebrarase a súa VIII edición, e desta xeira terá ó concello de Boiro como anfitrión. O mércores 1 de marzo presentemos esta edición que está considerada coma un referente na ultradistancia en Galicia. A proba consiste en camiñar ou correr un percorrido sinalizado e balizado de 100km por sendeiros, camiños, pistas e corredoiras polos sete concellos do Barbanza en menos de 24 horas. Os participantes, camiñantes ou corredores, só fan breves paradas nos avituallamentos, polo que están en marcha constantemente.
Como novidade, este é o primeiro ano en que Os 100 do Barbanza forma parte da I Liga Xunta de Galicia da Federación Galega de Montañismo e da Liga Ibérica de Senderismo 2023, esta última aberta a participantes de España, Andorra e Portugal.
Esta é a oitava edición da proba, téndose realizado a primeira no ano 2014 co Concello de Boiro como anfitrión, a do 2015 en Rianxo, no 2016 na Pobra do Caramiñal, no 2017 en Noia, no 2018 en Ribeira, no 2019 no Porto do Son e no 2022 en Lousame. Por mor da situación sanitaria non se celebrou nos anos 2020 e 2021. Unha vez completados os sete concellos como anfitrións, volvemos a iniciar o ciclo en Boiro que foi o lugar de saída e chegada da primeira das edicións. Nos últimos anos participaron case 300 persoas e remataron aproximadamente o 80% delas, o que amosa o nivel de desafío que supón esta proba, unha das más duras do circuíto galego e español. Aínda que queremos resaltar o carácter non competitivo da proba, os primeiros en chegar utilizaron pouco máis de 10 horas, logo, un rosario de participantes foron chegando ata os últimos, que a completan xusto en 24 horas.
A subida acumulada desta edición é de 2.600 metros, e contamos en que os primeiros corredores cheguen nun tempo de arredor de 10 horas. Sen embargo o que fai especial esta proba é que non é competitiva: O premio máximo para moitos dos participantes échegar, sendo en realidade unha competición contra un mesmo. Moitos participantes estanse a preparar durante meses para poder chegar á meta de Boiro tras percorrer 100km. 


Haberá 10 avituallamentos ó longo dos 100km, cun xantar de confraternidade entre participantes e voluntarios á chegada.
A proba está pensada tamén para percorrer lugares senlleiros da xeografía do Barbanza e poñer así en valor os atractivos turísticos da comarca: Dende castros, como a Croa de Postmarcos, a Punta Ostreira ou o Castro do Neixón, mámoas como a Cova da Moura ou a Casota do Páramo, petróglifos coma a Laxe da Cabra, ou miradoiros como A Curota o Monte San Lois ou o Castro Barbudo, pasando por praias emblemáticas como a da Cabío ou a de Barraña ou a da Torre. Tamén amosaremos lugares de interese cultural, ao pasar a rentes do Barrio dos Cataláns, na Pobra ou a o Castelo da Lua; sen esquecernos das mostras da arquitectura tradicional do Barbanza: 18 cruceiros, 16 fontes e 33 hórreos de 25 parroquias nos 7 concellos.
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro día 3 de marzo na web https://itrekkers.org , aínda que prevemos que, coma todos os anos, xere un grande interese en todos os practicantes da ultradistancia, e que procedan non só dos concellos do Barbanza, senón mesmo contamos con que veñan xente doutros países. Historicamente, participan unhas 80 persoas dos concellos do Barbanza, uns 180 do resto de Galicia, 40 doutras autonomías españolas (especialmente Cataluña e o País Vasco) e media ducia doutros países. O límite de inscritos, por motivos de organización é de 300 participantes, e o custe da inscrición é de 60€ ata fin de abril, e logo pasará a ser de 80€.
A proba está organizada polo histórico Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e colaboran os sete concellos do Barbanza, así como a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.


Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Qué ver?

Onde xantar?

Onde durmir?

Descargable información aloxamentos Barbanza Arousa